Ir a blog en español ···>
O da relaxación constitúe un momento egoista de aillamento absoluto e autoconservación, á marxe de todo o que estea pasando arredor de nós. Calquera tipo de consideración intelectual, ideolóxica, social, política... está completamente fóra de lugar nese intre.
A búsqueda da relaxación integral ha de basearse esencialmente en criterios físicos. É o equilibrio de todos e cada un dos minúsculos elementos corporais que interveñen na respiración o que nos ha levar ó sosego xeral que necesitan o corpo, a mente e o espírito pra posteriormente afrontar dun xeito mesurado calquera posible complexidade de orixe externa.
Pra combatir unha preocupación debemos evitar centrarnos na preocupación en si. Toda preocupación xera unha tensión fïsica interna no noso organismo, é ésta última a que debemos intentar visualizar e relaxar. De non facelo así, as tensións medrarán exponencialmente fóra do noso control, impedíndonos pensar con obxectividade.
NOTA: No blog en español hai comentarios a iste artigo que, coido, poden
resultar tan interesantes coma o propio artigo. Na parte superior esquerda desta entrada tendes un vencello. Grazas de antemán a
tódolos lectores.
Sem comentários:
Enviar um comentário