Hiroshi Kobaiashi |
Buscando en Google o nome dun vello amigo a quen había tempo que non vía, quizais coa intención de convidalo a esta rede, atopeime de xeito brutal e inesperado coa noticia da súa morte
Hiroshi Kobaiashi (Kei pra os amigos) estivo comigo dende os meus comezos en Barcelona; ás duras e ás maduras, en grandes auditorios ou en pequenos centros cívicos, cando se cobraba e cando non.
Participou activamente, como frautista, no álbum Expreso Estrella durante horas e horas de complexa gravación.
Xeneroso, leal, hospitalario, simpático, sensible; metódico, perfeccionista, profesional, esixente... son alguns dos apelativos que se me ocorren pra me referir a iste ser tan especial, e aínda me quedo curto.
Hiroshi Kobayashi foi un dos poucos músicos, entre os moitos que coñezo, capaz de transportar a primeira vista calquera partitura, por difícil que esta fora, a calquera tonalidade. Traballar con el era un auténtico privilexio.
Vai por ti, amigo, alá onde queira que esteas.
NOTA:
Concerto no Teatre de l'Aliança de Poble Nou (Barcelona) Preparando os trastos antes de abrir o telón. Marzo de 1987. |
Concerto en La Cova del Drac (Barcelona), pra Radio 3 (RNE) Decembro de 1984 |
NOTA:
(*) Artigo publicado en Netlog o día 20 de xaneiro de 2011 e trasladado posteriormente a esta ubicación actual.
Sem comentários:
Enviar um comentário